Mapaflow
Documentación
Notas de versión
v1.4.0Última versión

v1.4.0

Cambios incluídos nesta versión.

Modo claro completo no editor e no panel

As barras laterais do panel e superadmin, o mapa global, as barras de edición de carrís e frechas, e o selector de cor de marca xa teñen unha variante clara coherente coa paleta do editor, deixando de estar fixas en escuro. Ademais, ao redimensionar un nodo este aliñase automaticamente cos nodos veciños, igual que ao movelo.

Soporte de tableta (iPad) no editor e no panel

Novo intervalo intermedio de pantalla para tabletas: o editor de diagramas e as barras laterais do panel, a demo e o panel de superadministración xa non se ven apertados en anchuras tipo iPad. Os xestos táctiles (desprazamento, selección, arrastre) actívanse segundo a capacidade táctil real do dispositivo, non só a anchura de pantalla.

Importar imaxe desde o panel de ferramentas

A ferramenta para inserir imaxes moveuse da barra superior ao panel lateral, xunto a outros elementos arrastrables como Notificación ou Carrís. Arrástraa ao lenzo e escolle a orixe (o teu equipo ou o xestor documental da empresa); a imaxe insírese exactamente onde a soltes.

Tes suxestións para próximas versións?

Escríbenos a soporte@mapaflow.com e teremos en conta as túas ideas.